BANDAS DESEÑADAS

A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas.

A viñeta de Schrödinger nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as.

Mais tamén para que os/as lectores/as adolescentes e adultos poidan ler e descubir a BD de calidade que se fai en Galiza.

Por todo iso A Mesa pola Normalización Lingüística  decidiu lanzar esta revista capitaneada por Kiko da Silva, de periodicidade trimestral, con 32 páxinas a toda cor, encadernada en rústica e con acabado en lombo, a un prezo de 5 euros e unha tiraxe de 1.500 exemplares. O primeiro número chegará ás librarías en xullo!!!

OS MERLOS ENCANDEADOS

MIGUELANXO PRADO